Saltar ao contido principal

Obra propia


OBRA INDIVIDUAL



  • NOVELAS


Mar para todo o sempre, Laiovento.

SINOPSE:

Em 1595 Álvaro de Mendanha parte de El Callao para a "Terra Australis Incognita" iniciando umha aventura que nom terá desenlace até cinco séculos mais tarde.


Com este pressuposto seria possível pensar que nos achamos perante um romance de recriaçom histórica ou de viagens; se bem é certo que algumha das personagens som tomadas do passado real, nom é menos certo que o autor as encheu de sentimentos e reflexons que em nada —polo menos que se saiba— tenhem que ver com a condiçom verddeira de tais figuras históricas. Também é manifesto que a beleza e o lirismo com que se recriam ceras paisagens poderiram comparar-se às mais belas páginas de livros de viagens. No entanto, a intençom do autor ultrapassa os limites descritivos. Por cima de qualquer argumento acha-se a sublimaçom do home na procura de um ideal.


Umha linguagem rica, viva, carregada de expressividade e, sobretudo, de grande sonoridade, acompanha o leitor, que, assombrado, termina a leitura como olhos sonhadores e o corpo exausto, talvez por ter dado início também essa viagem apenas numha jornada.











Os desherdados, Edicións Embora.

SINOPSE:

En Covas, unha parroquia costeira e rural de Ferrol, desenvólvese a vida adulta dunha muller que sabe desde ben pequena que a vida dalgunhas persoas está chea de traballos e penas e a dignidade é o que salva a existencia dos desherdados.

As circunstancias familiares dos pais, primeiro, e dela mesma, logo, obrígana á emigración interior á busca de traballo e futuro. Na súa vida cotiá non hai tempo para o acougo e os acontecementos que se suceden durante anos non permiten o descanso do corpo nin da mente, pero ela garda un segredo persoal nunca desvelado.

O futuro da lingua galega está, moi probablemente, en novelas como Os desherdados, unha narración magnífica, de ritmo demorado, coidadosamente elaborada e sutil, rica en matices e de vocabulario gorentoso para ledicia dos lectores máis esixentes.















O prezo da tentación, Edicións Embora.


SINOPSE:

Mauro sente admiración por seu tío avó. Logo dunha estadía na Guinea Ecuatorial, máis enriquecedora que longa, Armando rexenta agora unha tenda de móbeis e antigüidades na súa cidade natal. Alí debullarán interesantes conversas que estimularán o interese do rapaz, historias sempre aderezadas polo sabor dunha amantísima e sedutora África. Mais o pasado do tío avó Armando é grave e incómodo de máis, e a súa morte coincidirá coa entrada do Mauro á idade adulta, ben atafegada por conflitos. A Mauro, con todo, agárdao un prometedor futuro, aínda que cheo de insatisfaccións. Futuro que tomará un rumbo inesperado tras a descuberta dunha serie de estraños enigmas. A historia convértese daquela en varias historias, e todas por desvendar. Triunfará unha sobre todas as demais? Quen o sabe. Sexa como for, na man de Mauro está a solución.

















Entrada ao xardín do saber, Redelibros.

SINOPSE:

Henrique de Sas intenta homenaxear a figura de Vicente Risco publicando un extenso artigo. Indaga sobre algún perfil novidoso, mais no camiño dará co inesperado: Hildegart. A filla de Aurora R. Carballeira, precoz líder socialista, licenciada en Dereito e articulista sobre sexualidade e política, asasinada por súa mai. Tiña dezanove anos; era 1933. Tensións e buscas ligaranse a partir da estraña relación entre Risco e as dúas mulleres. Henrique de Sas pescuda na actualidade, mais antes xa o fixera o ourensán. Que acontecerá para que o desacougo máis punxente veña a calar en ambos?

Novela de trazos detectivescos, de intriga e acción. O pasado virá ao noso encontro para revelarnos un enigma. Unha narración intensa que a ninguén ha de deixar indiferente; unha narración en que unha parte da nosa historia reclama ser desvendada.











  • RELATOS

Sobre comboios, janelas e outras 
pequenas histórias, Laiovento

SINOPSE:

Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias acolhe oito relatos bem diferentes, com induvitável riqueza temática e estilística, mas enormemente ligados àquela prosa singular com a que Henrique da Costa nos surpreendera aquando a publicaçom do seu primeiro romance, Mar para todo o sempre, embora mostre nas páginas desta nova entrega narrativa grande número de inovaçons técnicas como respeito àquela outra. O barroquismo expressivo e a intensidade dos caracteres humanos de que fam gala as personagens destas histórias —com as suas grandezas e misérias— estám a ser converter nos maiores sinais de identidade de um autor que, possuidor da "Bússola" e conhecedor do "Norte", navega na procura do reavivamento do universo literário galego-português. O aprofundamento psicológico, unido à dosificaçom da intriga à hora de os acontecimentos serem evocados, predominam sobre todas as demais cousas no espaço narrativo do autor, e cujo bom fazer lhe valeu novamente atingir o prémio do Certame Literário convocado pola Câmara Municipal de Ferrol.










Unha mada de doce relatos, Laiovento.
SINOPSE:

Doce relatos, doce, entrecruzados polo sutil fío condutor dun autor con oficio de xénero. Doce relatos, distintos entre si, mais cun trasfondo inconfundíbel, labrados co esmero do lirismo, e trazados por unha singular querenza descritiva. Doce relatos cuxa matriz enraiza no realismo para se encamiñar por variadas sendas, aínda que converxentes, e aderezados cun eficiente profundamento psicolóxico, e dosificación de intriga. Realismo máxico acaroado ao traxicómico, mais tamén o de xénese social, e o máis costumista, episódico ou anecdótico, pois todos eles veñen asomar ás páxinas do libro gañador do "XVI Certame literario Ricardo Carvalho Calero" de 2007 convocado polo Concello de Ferrol. Haberemos de rir e sorrir con eles; e as bágoas puganarán á hora de querer abrollar en acalorado desafío á indignidade dos tempos de ferro; e no noso ánimo unha feliza saudade desexará callar noutras ocasións, cos retratos dunha infancia evocada pola memoria; e xunto deles os incomprensíbeis e covardes asañamentos contra os máis débiles en reclamo de xustiza. Achámonos, en definitiva, perante doce narracións breves cargadas dunha enorme emotivididade, e que, sobre todo, non nos haberán de deixar indiferentes. Doce narracións, doce, que afianzan xa, e cunha grande solidez, ao seu autor ente os máis destacados no xénero, de tanta tradición e rendemento dentro da nosa literatura.







  • ENSAIO 


Ferroláns na Historia da Literatura Galega,
Edicións Embora

SINOPSE:

Ferroláns na Historia da Literatura Galega non pretende ser unha historia da literatura senón máis ben un estudo de natureza bio-bibliográfica.

Ferrol representa, sen dúbida ningunha, a cabeceira de comarca, o punto de referencia doutros concellos. Así, os escritores estudados neste libro son non só os que tiveron as terras de Ferrol como lugar de nacenza, senón tamén os que se criaron nel e os que se asentaron nesta comarca a desenvolver a súa vida profesional.

Moitos son os escritores dados por esta comarca á nómina literaria galega. Este libro sistematiza cronoloxías e autores e pretende ser esahustivo. Da Idade Media ao momento actual, a práctica totalidade da literatura galega feita en Ferrol recóllese nas páxinas deste traballo de Henrique Dacosta, unha homenaxe á cultura da cidade, mestura de racionalidade e imaxinación, e unha defensa do seu papel en Galiza.











OBRA COLECTIVA

  • RELATO

Muralla de Crescórnio, A Nosa Terra
PALABRAS DO XURADO (PRÓLOGO):


No relato premiado en primeiro lugar, "Sara Steel", coincidimos por unanimidade. Hai nel a elegancia e a distancia da boa traxedia. Que máis pode querer para si un relato? Ben merece abrir o libro.


Da "Radiografía dunha arroutada" gustounos a lixeireza, o humor e a habelencia narrativa para contar unha disparatada pifia terrorista. Tan irreal como a vida mesma.


Das "Palabras dun deus morrendo" valoramos o que había de esforzo de expresión coa linguaxe fluíndo a cachón. Unha fervenza de palabras arrastrando as angurias da protagonista.


E poderiamos seguir cos outros relatos que nos pareceron deberan ser tamén publicados, "Ricardo G. Greenfield", "Ruiva mulher de esperença", "Liesel", pero xa que non restaban máis premios que repartir e non nos vemos obrigados a xustificar o noso xuízo, preferimos que os leades ao voso aire.

Polo demais, nada. Moitos anos de vida para a cidade vella, tanto como para o seu novo premio de narración curta. Disfrutade da lectura e a saúde que non falte.

Ana Romaní
Antón Rodríguez
Suso de Toro






Seis ferroláns, Edicións Embora




SINOPSE:

Ferrol e a comarca son o nexo de unión dos seis relatos que conforman este libro singular. Seis relatos, seis voces, seis estilos e Ferrolterra ao fondo, presente dalgún xeito a través da maxia das palabras, recreando realidades e ficción. Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Anxo Franco, Henrique Dacosta e Ramón Loureiro achegan á literatura galega con este volume o pouso do lugar propio.














Longa lingua. Os contos da Mesa, Xerais


SINOPSE:

Longa lingua xorde dunha proposta que ao tempo é un reto: escribir un relato co que tentar reflectir e interpretar a nosa realidade lingüística. O resultado: 18 narradoras e narradores que, a petición da Mesa pola Normalización Lingüística, poñen nas nosas mans a súa peculiar visión do noso idioma e da súa situación social, nun volume insólito que demostra unha vez máis que compromiso e literatura poden ir da man axudándonos a entender e interpretar o mundo que nos rodea. Porque, parafraseando a Rilke, a lingua é a auténtica patria dos galegos e galegas.








  







En defensa do Poleiro. A voz dos escritores
galegos 
en Celanova, Toxosoutos



SINOPSE:

Este libro representa o verdito unánime de moitos escritores galegos en contra da tentativa de privatizar a parte do mosteiro de Celanova que ocupa o instituto, un ben que é patrimonio de todos e que está destinado ao seu mellor uso, a formación pública. É a voz clara da cultura contra escuros intereses especuladores.















Premios Pedrón de Ouro, Ediciós do Castro


PALABRAS DO XURADO:

ACÓRDASE:

1º) CONCEDER e por maioría o PRIMEIRO PREMIO DO "PREMIO MODESTO FIGUEIREDO" nesta súa XXII edición [...] á obra presentada co lema "SUBIR O TELÓN" [...] da autoría de MARÍA ESTHER FERNÁNDEZ CARRODEGUAS de Santiago de Compostela.

2º) CONCEDER e tamén por maioría os dous ACCESES, SEGUNDOS PREMIOS [...] ás obras presentadas co lema-título "O MONSTRO NO LABIRINTO" e do de "A COTA LÁCTEA" [...] de BEGOÑA PAZ REY da Coruña e de CÉSAR CARRACEDO POSE de Ferrol.

3º) O XURADO en uso das súas competencias tamén
acorda recomendar para a súa publicación e sempre consonte co acordo das súas autoras ou dos seu autores, as obras presentadas co lema-plica:

1. "CRÓNICA DO GRAN NÚMERO"


2. "CUMPREANOS DO 73"


3. "CABO DO MUNDO"


4. "ESCALA RITCHER"



Asdo. David Otero / Secretario
Avelino Abuín de Tembra / Pte.









  • ENSAIO 


Do músculo da boca, Encontro galego
no mundo. Latim em pó
SINOPSE:

Do 'Galego no Mundo-Latim em Pó' ficarom muitas cousas. Todas as pessoas participantes deixarom tantas entre elas e entre a cidade que qualquer balanço com vocaçom exaustiva seria inútil. Ao tempo, para quem se remete o desejo, caberá dar notícia das expectativas e dos futuros abertos.

A arquitectura destes caminhos sobre o mar e ar veicularem sonhos e necessidades, para que seja maior o fluxo da solidariedade e do desfrute, fijo-se também com materiais como estes que aqui estám: mais de oitenta participantes, antes, durante, imediatamente depois do Encontro, deixarom-nos as suas letras, às vezes sem rosto, outras com biografia incógnita, todas tránsito magnífico para o entendimento.

Sensaçons, comentários, reflexons, investigaçons entoados como o músculo mais forte: sobre o nosso poderoso transporte: a língua.

ELIAS J. TORRES FEIJÓ



         
























    Publicacións populares deste blog

    Ramón Nicolás: novelista con oficio

    http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ramon-nicolas-novelista-oficio/20160811005159162721.html


    No pasaso 11 de agosto publicabamos este artigo no Diario de Ferrol. A chegada ao mundo da narrativa longa dunha persoa que leva traballando en prol da literatura galega desde hai vinte e cinco anos, mais desde o campo da crítica literaria, non deixa de serun feito ben singular. Ramón Nicolás preséntanos con valentía esta novela que non nos ha de deixar indiferentes e que o animará, xulgamos, a transitar con máis frecuencia nestoutro lado da literatura: o da creación. 



    Novoa Santos: entre empirismo e controversia

    http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html






































    No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban.

    Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

    http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html



    No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras.