Saltar ao contido principal

Hoxe é día de enganos



http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/hoxe-e-dia-de-enganos/20171227233146211772.html




Hoxe é 28 de decembro. Seica en Hispanoamérica existía a tradición de enganar as persoas pedindo un préstamo aos amigos que, caso de morderen no anzol, ficarían sen nada se non se percibiren do sarillo. Cousas que ten a "lexislación" destes días lúdicos en que a brincadeira ocupa (ou ocupaba) o espazo central.

 
Acerca disto e doutros días semellantes é que falo no artigo de hoxe no Diario de Ferrol. As bromas ou mentiras poden ser máis ou menos piadosas e até hai quen as gaste de maneira demasiado pesada. Ora ben, en tales días, quen cae na celada, ten o deber de apandar co que lle veña encima, pois o costume vén ditaminado dese xeito.
 
 
 

Publicacións populares deste blog

Ramón Nicolás: novelista con oficio

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ramon-nicolas-novelista-oficio/20160811005159162721.html


No pasaso 11 de agosto publicabamos este artigo no Diario de Ferrol. A chegada ao mundo da narrativa longa dunha persoa que leva traballando en prol da literatura galega desde hai vinte e cinco anos, mais desde o campo da crítica literaria, non deixa de serun feito ben singular. Ramón Nicolás preséntanos con valentía esta novela que non nos ha de deixar indiferentes e que o animará, xulgamos, a transitar con máis frecuencia nestoutro lado da literatura: o da creación. 



Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html






































No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban.

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html



No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras.