Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Hoxe é día de enganos

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/hoxe-e-dia-de-enganos/20171227233146211772.html Hoxe é 28 de decembro. Seica en Hispanoamérica existía a tradición de enganar as persoas pedindo un préstamo aos amigos que, caso de morderen no anzol, ficarían sen nada se non se percibiren do sarillo. Cousas que ten a "lexislación" destes días lúdicos en que a brincadeira ocupa (ou ocupaba) o espazo central.   Acerca disto e doutros días semellantes é que falo no artigo de hoxe no Diario de Ferrol. As bromas ou mentiras poden ser máis ou menos piadosas e até hai quen as gaste de maneira demasiado pesada. Ora ben, en tales días, quen cae na celada, ten o deber de apandar co que lle veña encima, pois o costume vén ditaminado dese xeito.      

"Os Cazadores", unha miga da nosa historia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cazadores-miga-da-nosa-historia/20171213235232210936.html No artigo para o Diario de Ferrol do día 14 de decembro quixen facer un pequeno esbozo sobre a historia do querido mesón-museo "Cazadores" da nosa cidade (Ferrol). Teño para min, gardo esa Os poetas Oroza e Karlotty estraña sensación de que aínda nunca se lle fixo xustiza, de que talvez o teñamos un bocadiño esquecido. Así pois, animo desde aquí a que haxa quen queira indagar no perfil histórico do noso entrañábel local, infelizmente fechado desde esta primavera. 

Revista "Elipse nº12"

https://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html Compraz-me mais uma vez poder pendurar cá informações sobre este novo número da Elipse do Círculo Edições. Ora, apenas um pequenino relato da nossa autoria, se calhar um jogo literário que vocês podem julgar. Intitula-se A Companha .

Ferrol surrealista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ferrol-surrealista/20171129223455209822.html Ferrol, esa espiña cravada no máis fondo. A miña amadodiada cidade, velaquí está de novo. En todo estás e ti es todo. Ferrol é, unha vez máis, motivo das nosas coitas. Sempre haberá, no entanto, algunha luz que alume alá no cabo do túnel. Eis, pois, o meu artigo nesta ocasión para o Diario de Ferrol .

Tres boas escollas narrativas de Embora en 2017

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/boas-escollas-narrativas-embora-2017/20171115235941208868.html No artigo do 16 de novembro do Diario de Ferrol facemos unha pequena incursión en tres producións narrativas publicadas por Edicións Embora, que xulgamos de moito interese. Estamos tamén ás portas das vodas de prata da editora, por tanto, nun bon momento para felicitala e dar os parabéns por tan boa escolla. 

Cinema (en) galego

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cinema-en-galego/20171102003744207459.html No Diario de Ferrol do 2 de novembro, falo sobre cinema galego. A escusa perfecta deuma Brais Romero Suárez, despois da estupenda charla-coloquio á que puiden asistir no 19 de outubro. Cito algunhas das chaves da nosa filmografía, ás que fixo referencia o conferenciante, alén doutros aspectos relativos ao noso cinema. 

Escavacións en terras bíblicas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/escavacions-terras-biblicas/20171018231112205901.html  Neste artigo do Diario de Ferrol falo acerca dunhas novas escavacións arqueolóxicas da UDC, coordinadas por Juan Luis Montero Fernollós, agora en terras de Palestina. Falo tamén de como a Biblia, de xeito paralelo, é capaz de xogar aquí un papel relevante.

Álvaro Paradela, un ser xenial e polivalente

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/alvaro-paradela-ser-xenial-polivalente/20171004224055204528.html No artigo do Diario de Ferrol do 5 de outubro rescato a figura do polifacético Álvaro Paradela/Amaro Orzán. O libro Diálogos con Álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo , do amigo Germán Castro é, se cadra, unha bonita e interesante maneira de se achegar á vida e obra deste magnífico ser, médico de profesión e humanista. Así pois, quen quixer ampliar información sobre o creador do afortunado neoloxismo 'Ferrolterra' ou do de 'Breogania', recoméndolle vivamente a lectura do citado libro publicado polo Club de Prensa de Ferrol. 

Cataluña, "of course"

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cataluna-of-course/20170920224548203116.html Como non podía ser doutra maneira, tiven que escribir sobre Cataluña. O título do artigo desta vez é <<Cataluña, "of course">>. Quen se pode subtraer, cando tanto está en xogo? Perdóeme o amigo Marco Neves se me apropiei de tan atinadas palabras (como as súas) para escribir esta miña pequena opinión. A propósito, despois dunhas aspas latinas ou francesas, na segunda liña do artigo da versión dixital, non aparece o texto, <<Espanha é a nação mais antiga de Europa!>>, cita pronunciada por Mariano Rajoy. 

A poética de Porto Leis, último alcalde de Serantes

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/poetica-porto-leis-ultimo-alcalde-serantes/20170906233404201665.html Neste artigo do Diario de Ferrol detéñome a falar un bocadiño acerca de Alejandro Porto Leis, o último alcalde do que fora concello de Serantes, a partir de 1940 integrado no de Ferrol. Entre as súas facetas, destacamos tamén a poética. É moito o que aínda resta por dicir deste home singular, "paseado" na praia da Frouxeira en 1938, xuntamente con outros tres homes: Modesto del Río, de San Xurxo, Jesús Miño, da parroquia de Mandiá, e Avelino Landeira, da de Santa Mariña. Eis o artigo para quen o quixer. 

Por terras de don Vito Corleone e Salvo Montalbano

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/terras-don-vito-corleone-montalbano/20170823210009200197.html A bela Sicilia é o motivo do artigo do Diario de Ferrol deste 24 de agosto. Dúas personaxes de ficción, don Vito Corleone e Silvo Montalbano, saídas da pluma de Mario Puzo e Andrea Camilleri respectivamente, son unha boa escusa con que argumentar un extenso periplo por terra sicilianas, de oeste para leste. Arte, historia, ocio, paisaxes, sociedade... dan fisonomía a este artigo, cuxa visión sobre tan fascinantes terras insulares servirá para abrir boca a aqueles que talvez non as coñezan, e un itinerario de sensacións, aínda que persoais e intransferíbeis, para aqueloutros que, coñecéndoas xa, poidan así contrastar coa súa propia experiencia . Velaquí volo deixo.   

Wenceslado Fernández Flórez: escritor en galego?

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/wenceslado-fernandez-florez-escritor-galego/20170812214954199092.html Foi realmente Wenceslao Fernández Flórez escritor en lingua galega? Dúas noveliñas en galego darían fe de que si. Canto hai de real e canto de impostado? De feito, A miña muller (1924) inauguraría a colección Lar, presidida por Leandro Carré. Esta é a razón destoutro artigo no Diario de Ferrol. 

Sobre arqueoloxía no Barbanza e outros

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/arqueoloxia-no-barbanza-outros/20170726225445197405.html As fontes arqueolóxicas están nos últimos tempos a brindarnos enormes satisfaccións no noso país. Non só a través de elementos da cultura castrexa ou romana, senón tamén dos xacementos como os da Cova de Eirós e outros que aínda nos han de deparar moitas sorpresas de aquí en adiante. De todo isto e algo máis falo neste artigo para o Diario de Ferrol. 

Mentres hai vida

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/mentres-hai-vida/20170712233030195896.html No día 13 de xullo publicabamos este artigo na nosa sección "La Ventana" do Diario de Ferrol . Unha pequena observación sobre a lingua de noso que , de xeito inexorábel, se nos vai indo por entre os dedos. Unha pequena homenaxe aos nosos vellos, sabios por idade e transmisores do pouco que nós podemos saber tamén e, especialmente a meu pai, que foi o indutor, de maneira totalmente inconsciente, que me deu pé para escribir este artigo. Outra volta máis, dirán vostedes, ao asunto da lingua. Así mesmo é, e non cansaremos. Outra volta, vista desde o plano lexical e gramatical, mais do plano sociolingüístico tamén. Eilo.  

Um relato sobre Amada Garcia

A revista Kallaikia, a número 2, será apresentada na Artábria no dia 14 de julho, a partir das 20:30. À parte dos artigos de diversa natureza que este novo número contém, também há lugar para conteúdos criativos. Um relato literatizado sobre Amada Garcia, "Cançom de embalar", fai parte desta nova entrega. Desta vez, este é o meu contributo. Aguardo seja do vosso agrado.

Do TTIP ao CETA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/do-ttip-ao-ceta/20170628215034194458.html O TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) morreu desde o momento en que Trump tomou as rendas do goberno nos Estados Unidos. Mais na gabeta da UE gardábase un outro acordo, o CETA, de lucros transnacionais para unicamente holdings empresariais. Europa prégase aos intereses canadianos e introduce nas regras do xogo algo máis que bens de consumo. De todo isto falamos no artigo de hoxe do Diario de Ferrol.

Círculo Edições: Elipse 11 em Ponte Vedra!

Círculo Edições: Elipse 11 em Ponte Vedra! : Para a próxima quinta-feira, em Ponte Vedra, a Elipse, a revista de iniciativa poética Círculo Edições, apresentará o seu novo número. Mais uma vez fizemos o nosso contributo, nesta ocasião através do relato "Canção de embalar".

A propósito do noso himno

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/proposito-do-noso-himno/20170615001833193110.html Máis de século e cuarto despois de que o noso himno tomase pulo, o que debería ser a restitución íntegra e orixinal do seu texto continúa hoxe a suscitar non poucas controversias. Velaquí vos deixo con este artigo que quere ser, por un lado, unha reflexión a respecto desta discusión, e, por outro, unha pequena explicación histórica sobre a xénese dun dos nosos símbolos identitarios máis singulares.  

Carvalho Calero no centenário do seu nascimento

Ricardo Carvalho Calero nascera em 1910. Com motivo do centenário do seu nascimento, um grupo de pessoas chefiadas polo amigo Andrés Santalla, decidiu homengeá-lo fazendo umha adaptaçom em vídeo de duas das suas obras narrativas. Desta maneira nascêrom As pitas baixo a chúvia , título homónimo ao continho que publicara em 1952, e O lar de Clara , igualmente homónima da novela que, ainda que escrita na década de cinquenta, só veria a luz em 1984, graças ao volume Narrativa Completa , em Ediciós do Castro. Eis, portanto, as duas curtametragens, numha das quais me honro participar, junto aos meus dous filhos, Gala e Alexandre.

'Scórpio' no seu trigésimo aniversário

O romance 'Scórpio', de Carvalho Calero, no 30 aniversário da sua publicaçom Palestra ministrada a passada sexta-feira, 19 de maio, polo escritor ferrolano Henrique da Costa, sob o título “Os disfarces de Dom Ricardo. Um Carvalho sob o signo do escorpiom”, coincidindo com o XXX aniversário da publicaçom de Scórpio, considerado por boa parte da crítica o melhor romance escrito em galego.   https://t.co/VWop3lCNPB

Menos de Venecia que de xesta heroica en Terranova

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/menos-venecia-xesta-historica-terranova/20170531210205191538.html barco moliceiro no Museu Marítimo de Ílhavo teitos da capela na fábrica de Vista Alegre Déixovos por aquí o meu artigo do día 1 de xuño do Diario de Ferrol. Versa sobre a última viaxe feita a Portugal (na fin de semana). Viaxes estas que sempre acostuman ser do máis produtivas, sobre grafiti en Aveiro todo cando un vai acompañado de excelentes persoas, como son os amigos da Escola de Idiomas de Ferrol e, nomeadamente, que están a estudar portugués ou están con el relacionado. Eis, en defintiva, un pequeno resumo desta interesante convivencia.  bacallaus no acuario do Museu Marítimo de Ílhavo porcelanas modernas de Vista Alegre paseo polos canais de Aveiro nun barco moliceiro

Revista Elipse nº11

Mais umha vez, agora para este número 11 da revista Elipse , volto a deixar um pequeno contributo narrativo . O relato, nesta ocasiom, intitula-se Canção de embalar. Deixo-vos cá a capa da nova revista com o seu sumário, além da ligaçom.   http://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html  

O saqueo das arcas do Estado

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/saqueo-das-arcas-do-estado/20170518001446190006.html O título do noso artigo do día 18 de maio para o Diario de Ferrol responde ao de "O saqueo das arcas do Estado". Acho que non precisa de máis presentacións. De modo que, a quen lle apetecer lelo, aquí llo deixo. 

As dúas noveliñas en galego de Wenceslao Fernández Flórez

Nada novo descubrimos se, como nos ten referido Ricardo Carvalho Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea , pomos en dúbida que estas dúas narracións de Wenceslao Fernández Flórez a que aludimos no título non fosen escritas orixinalmente en lingua galega polo seu autor. Ben ao contrario, tería sido Leandro Carré, director da revista Lar , e a xulgar polo afirmado polo polígrafo ferrolán, quen traducise realmente para a nosa lingua as dúas noveliñas, escritas previamente en español polo narrador coruñés, autor , entre outras, de Volvoreta ou de El bosque animado . Estamos a falar das novelas curtas A miña muller (1924), que sería o nº1 con que se estrearía a revista Lar, so a dirección de Leandro Carré Alvarellos, e d' O ilustre Cardona (1927), que faría o nº27 da devandita colección.    As dúas narracións, e seguindo o xenio tan característico do seu autor, pertencen ao xénero humorístico. E así como “ todo verdadeiro humorista nace dunha fon

Un binomio chamado Charles Chaplin e Jackie Coogan

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/binomio-chamado-charles-chaplin-jackie-coogan/20170503232435188548.html A propósito do último dos cineconcertos celebrados no teatro Jofre de Ferrol, aquí vos deixo as miñas impresións sobre el. Simplemente, debo dicir que é o meu desexo que en próximos anos se sigan a repetir estes espléndidos ciclos que xuntan cinema silente coas mellores músicas. Nesta ocasión, o trío Caspervek, fundado en Vigo, unha delicia. 

15 de abril e o Ferrol nacionalista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/15-abril-ferrol-nacionalista/20170420013946187085.html O papel de Ferrol dentro do nacionalismo galego foi relevante, a pesar de se ter por unha parcela pouco coñecida dentro do activismo da nosa cidade. Aquí vos fica unha explicación acerca das Irmandades da Fala en Ferrol e o eco que tivo no seu momento. Sen ningún xénero de dúbidas, deberiamos seguir fomentando e incentivando este tipo de iniciativas, como as dos "roteiros": unha fantástica maneira de dignificar e de nos sentir orgullosos polo que é de noso.

"O Planeta dos Simios" no berce da nosa civilización

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/planeta-simios-no-berce-da-nosa-civilizacion/20170404232010185499.html Eis a miña reflexión acerca da recente conferencia dada polo profesor Juan Luis Montero Fenollós sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Siria e iraq, sen deixar de observar, claro está, todo o regueiro de sanque e morte que a guerra leva provocando desde 2011.

Buster Keaton e "Sherlock Holmes Jr." con sorpresa

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/buster-keaton-sherlock-holmes-jr-sorpresa/20170322214009184200.html No pasado 23 de marzo escribiamos para o Diario de Ferrol este novo artigo. So o título de "Buster Keaton e Sherlock Holmes Jr. con sorpresa", falabamos da proposta feita polo pianista Jordi Sabatés para este proxecto, cuxos acordes enfeitizaron o salón do teatro Jofre, dando ritmo musical ao filme silente Sherlock Holmes Jr. (1924) do extraordinario Buster Keaton. Tratouse do segundo dos filmes do ciclo de cineconcertos que a editora Edicións Embora está a realizar desde o pasado febreiro no citado teatro ferrolán. Eis a miña reflexión sobre dito acontecemento. 

Possessão

https://youtu.be/ZNaG8clMsZE

Marcas na pel da cidade

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/marcas-pel-da-cidade/20170308224926182906.html letras do Foro de Xuvia sobre o lintel dunha casa Na quinta feira, 9 de marzo, no noso artigo habitual para o Diario de Ferrol falabamos sobre un asunto, cando menos, curioso. Estámonos a referir ás marcas, pegadas, indicios, vestixios... que podemos lápida no pavimento achar en diferentes partes da cidade (beirarrúas, paredes, linteis, etc.), do moito que están a dialogar connosco —do punto de vista histórico, social...—, e o pouco que reparamos neles. Para quen sinta dita curiosidade, aquí vos deixo co citado artigo.  marco da Estrada Alta do Porto marca na beirarrúa S.Francisco (1) marca na beirarrúa S.Francisco (2) tampa de sumidoiro co escudo de Barcelona na cidade de Ferrol logotipo da vella fábrica de lapis Hispania vestixios do antigo hospicio