Saltar ao contido principal

"Lobos sucios": un filme pertinente

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/lobos-sucios-filme-pertinente/20160421003940152205.html


O filme Lobos sucios, que puidemos ver no día da súa estrea, non defraudou en absoluto as nosas expectativas. Ben ao contrario, colmounos de satisfacción poder comprobar como cun orzamento tan axustado se é capaz de facer bon cinema, ademais de pola ambición narrativa que o seu director enfrontou, tentando contar unha historia poliédrica e complexa da que foi capaz de saír bastante ben parado. Historias de amores por intereses creados ou por responderen a un verdadeiro apaixonamento, entrecrúzanse azarosamente coa explotación polos nazis da mina de wolfram de Casaio, na cal traballan presos republicanos e paisanos das aldeas lindantes, e que queren ser sabotadas (entre guerrilleiros antifranquistas e enlaces aliados británicos), coexistindo cun compoñente esotérico, tamén introducido, todo o cal vén a encerrar este convulso círculo en que Simón Casal de Miguel, o seu director, ousou aventurarse con éxito. Parabéns, logo, para el, para actores e actrices e todos os demais técnicos, pois que fixeron posíbel este interesante e necesario filme galego, cuxa pexa maior, ao noso entender, é que non fale na nosa lingua. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Galicia infinda , Sal

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html Novoa Santos por Maside No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban. Debuxo de Bello Piñeiro para o orixinal "A Santa Compaña", de Novoa Santos