Saltar ao contido principal

"Entrada ao xardín do saber" en Rodeira





Só teño palabras de agradecemento para cantas persoas fixeron posíbel que a miña última novela, Entrada ao xardín do saber, fose motivo de lectura e posterior conversa no Club de Lectura do ies de Rodeira en Cangas. O día 6 de abril, e auspiciado por este dinámico grupo de persoas encabezado por Mª. Xosé Jiménez, tivemos oportunidade de falar distendidamente acerca desta miña obra. Debo recoñecer que a publicidade que se puido ter realizado no seu día polas diferentes feiras do libro de Galiza (Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Compostela...), alén das redes sociais, o boca a boca, etc. teñen obrado a maxia de poder ter chegado até ben lonxe, dado que a novela carece do mínimo amparo dunha editora de renome e, en consecuencia, das canles de difusión de que elas dispoñen. 


Antóllasenos, xa que logo, unha razón de peso máis que relevante o xeneroso convite feito, e ao que de ningunha maneira nos podiamos ter negado, de modo que nos desprazamos até Cangas para así poder gozar dunha agradabilísima tertulia rodeado dunhas ben atentas lectoras (utilizo o feminino, pois tan só dous homes fixeron parte do grupo de tertulianos) que non dubidaron un instante en preguntar sobre diferentes aspectos da narración, de maneira que a charla, que transcorreu distendidamente, voou por encima dos máis variados temas. Hildegart e Aurora Rodríguez Carballeira, Vicente Risco e Henrique de Sas, obviamente, foron albo do seu interese, mais non só, xa que moitos outros aspectos (a euxenesia, a situación sociopolítica no tempo da República, os medos de Vicente Risco, as descricións das cidades, etc.) foron saíndo de camiño.

Máis unha vez, logo, quero reiterar desde aquí o meu sincero agradecemento ao Club de Lectura do ies de Rodeira de Cangas. E é que labores como o seu son os que realmente serven para afianzar e espallar o interese pola lectura, e os que fan por abrir camiños a todo tipo de libros, mesmo os que non acostuman transitar polas sendas habituais que as editoras convencionais usan. 

Obrigadísimo. 


Publicacións populares deste blog

Novoa Santos: entre empirismo e controversia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/novoa-santos-empirismo-controversia/20160728001547161457.html






































No 28 de xullo publicamos no DF un artigo sobre o doutor, investigador e escritor Roberto Novoa Santos. Achamos de interese, e desde moitos puntos de vista, o seu contributo en varios destes campos. Home pouco complacente e dado á controversia, tennos deixado un fermoso conto sobre a Compaña. Nel xorden, ou mellor, sintetízanse algunhas das liñas mestras que o inquietaban.

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html



No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras.























Ramón Nicolás: novelista con oficio

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ramon-nicolas-novelista-oficio/20160811005159162721.html


No pasaso 11 de agosto publicabamos este artigo no Diario de Ferrol. A chegada ao mundo da narrativa longa dunha persoa que leva traballando en prol da literatura galega desde hai vinte e cinco anos, mais desde o campo da crítica literaria, non deixa de serun feito ben singular. Ramón Nicolás preséntanos con valentía esta novela que non nos ha de deixar indiferentes e que o animará, xulgamos, a transitar con máis frecuencia nestoutro lado da literatura: o da creación.