Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

O sempre singular Fernández Flórez

Polémicas á marxe acerca da ideoloxía e posicionamento de Wenceslao Fernández Flórez a prol do réxime franquista, a súa singular escrita séguenos atraendo e parecendo fresca por máis anos que pasen por ela. Días atrás acababamos de ler El hombre que compró un automóvil , e debemos recoñecer que non temos máis que sensacións positivas logo de chegado á última das súas páxinas, polo que lles aconsellamos que o lean se o que queren é pasar uns felices momentos de diversión, e até con abertas gargalladas. O humor hilarante, absurdo, tan á moda no momento e de que Wenceslao Fernández Flórez se vale, consegue verdadeiras pasaxes antolóxicas. O propio arranque da narración, un home que quere cruzar unha rúa, convertida esta nun infernal trafego de vehículos sen piedade para o peón, e que logra chegar, non sen enormes dificultades, até unha illa de cemento e que se converte na dunha sorte de Robinson Crusoe, non nos pode deixar indiferentes. Outro náufrago reside xa alí, cun farol que lles

Ciencia ficción, literatura de anticipación...

O xénero que adoitamos denominar como ciencia ficción levanta non poucas controversias, pois as vertentes que se poidan tomar a este respecto están en función do prisma que a el lle poidamos aplicar. Unha, que tal puidese ser para o caso, inclinaríao cara a unha vertente se cadra máis fantasiosa, entrementres outra caería con maior facilidade no campo, cando menos, da probabilidade, de algo non descartábel na realidade e que anticipa o que haberá de acontecer nun futuro. Diremos, xa de antemán, que non somos moi dados á lectura deste xénero de literatura, pero vén ao caso logo de que por fin nos animásemos a ler unha novela de Stephen King, neste caso so o pseudónimo de Richard Bachman. Sen dúbida que faría parte deste misceláneo caixón de xastre chamado ciencia ficción. Estamos a falar da narración que en portugués foi traducida como O concorrente , e que en español —que é o idioma en que finalmente o lemos—, El fugitivo . Etiquetas á parte, Xulio Verne sáenos de novo ao paso. E se

O ouro de Rande

O creador de ficción literaria acostuma tirar do fío dos episodios históricos de xeito habitual, é algo recorrente. Tanto aqueles episodios que teñan unha base sólida e coñecida como aqueloutros en que un halo de enigma lle poida servir de marco referencial. Estes últimos, abofé, apropiados cando o que se ha de procurar se antolla como inesperado. Así pois, os coñecidos galeóns de Rande, se cadra porque ficou na memoria colectiva de forma case que mitolóxica, son un destes episodios enigmáticos tan do gosto de moitos lectores. Sábese que aconteceu, como os navíos foron perseguidos e afundidos, sábese que alí durmitan embaixo de toneladas de lodo... mais pouco ou nada se sabe con certeza acerca do famoso cargamento de ouro que transportarían. A frota anglo-neerlandesa, corsaria por máis datos, tería decimado a franco-española e afundido sen resmisión á altura, "mutatis mutandis", da actual ponte de Rande. O mesmísimo Xulio Verne, como é sabido, fai alusión a este feito en