Saltar ao contido principal

Publicacións

Revista Elipse nº11

Mais umha vez, agora para este número 11 da revista Elipse, volto a deixar um pequeno contributo narrativo. O relato, nesta ocasiom, intitula-se Canção de embalar. Deixo-vos cá a capa da nova revista com o seu sumário, além da ligaçom.
http://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html




Publicacións recentes

O saqueo das arcas do Estado

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/saqueo-das-arcas-do-estado/20170518001446190006.html




O título do noso artigo do día 18 de maio para o Diario de Ferrol responde ao de "O saqueo das arcas do Estado". Acho que non precisa de máis presentacións. De modo que, a quen lle apetecer lelo, aquí llo deixo. 





As dúas noveliñas en galego de Wenceslao Fernández Flórez

Nada novo descubrimos se, como nos ten referido Ricardo Carvalho Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, pomos en dúbida que estas dúas narracións de Wenceslao Fernández Flórez a que aludimos no título non fosen escritas orixinalmente en lingua galega polo seu autor. Ben ao contrario, tería sido Leandro Carré, director da revista Lar, e a xulgar polo afirmado polo polígrafo ferrolán, quen traducise realmente para a nosa lingua as dúas noveliñas, escritas previamente en español polo narrador coruñés, autor, entre outras, de Volvoreta ou de El bosque animado. Estamos a falar das novelas curtas A miña muller (1924), que sería o nº1 con que se estrearía a revista Lar, so a dirección de Leandro Carré Alvarellos, e d' O ilustre Cardona (1927), que faría o nº27 da devandita colección. 
As dúas narracións, e seguindo o xenio tan característico do seu autor, pertencen ao xénero humorístico. E así como “todo verdadeiro humorista nace dunha fonda comprensión do humano”, com…

Un binomio chamado Charles Chaplin e Jackie Coogan

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/binomio-chamado-charles-chaplin-jackie-coogan/20170503232435188548.html


A propósito do último dos cineconcertos celebrados no teatro Jofre de Ferrol, aquí vos deixo as miñas impresións sobre el. Simplemente, debo dicir que é o meu desexo que en próximos anos se sigan a repetir estes espléndidos ciclos que xuntan cinema silente coas mellores músicas. Nesta ocasión, o trío Caspervek, fundado en Vigo, unha delicia. 



15 de abril e o Ferrol nacionalista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/15-abril-ferrol-nacionalista/20170420013946187085.html






O papel de Ferrol dentro do nacionalismo galego foi relevante, a pesar de se ter por unha parcela pouco coñecida dentro do activismo da nosa cidade. Aquí vos fica unha explicación acerca das Irmandades da Fala en Ferrol e o eco que tivo no seu momento. Sen ningún xénero de dúbidas, deberiamos seguir fomentando e incentivando este tipo de iniciativas, como as dos "roteiros": unha fantástica maneira de dignificar e de nos sentir orgullosos polo que é de noso.



"O Planeta dos Simios" no berce da nosa civilización

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/planeta-simios-no-berce-da-nosa-civilizacion/20170404232010185499.html





Eis a miña reflexión acerca da recente conferencia dada polo profesor Juan Luis Montero Fenollós sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Siria e iraq, sen deixar de observar, claro está, todo o regueiro de sanque e morte que a guerra leva provocando desde 2011.


Buster Keaton e "Sherlock Holmes Jr." con sorpresa

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/buster-keaton-sherlock-holmes-jr-sorpresa/20170322214009184200.html



No pasado 23 de marzo escribiamos para o Diario de Ferrol este novo artigo. So o título de "Buster Keaton e Sherlock Holmes Jr. con sorpresa", falabamos da proposta feita polo pianista Jordi Sabatés para este proxecto, cuxos acordes enfeitizaron o salón do teatro Jofre, dando ritmo musical ao filme silente Sherlock Holmes Jr. (1924) do extraordinario Buster Keaton. Tratouse do segundo dos filmes do ciclo de cineconcertos que a editora Edicións Embora está a realizar desde o pasado febreiro no citado teatro ferrolán. Eis a miña reflexión sobre dito acontecemento.