Saltar ao contido principal

Publicacións

A revolta das bibliotecas escolares

  A singularidade das bibliotecas escolares preséntasenos como un verdadeiro reto neste século XXI. Expurgación de libros, ocio, remodelación de mobiliario e espazo, dixitalización... non é cuestión banal. O primeiro paso, o proceso de hixienización bibliográfico, é xa de por si un cometido arduo, mesmo doloroso. Velaquí algunhas impresións, no meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 14 de abril.
Publicacións recentes

Altri, sorte de industria de enclave

As mentiras de #Altri e o futuro ermo que pode traer consigo, se os seus plans se materializan. A Ulloa e a ría da Arousa, ameazadas. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 31 de marzo.

Saudades do semáforo de Monte Ventoso

O semáforo de Monte Ventoso, hoxe propiedade municipal, está en ruínas. A súa historia, o seu cometido durante máis de douscentos anos, o traballo desempeñado por case o derradeiro semaforista, meu pai, que con profesionalidade e entrega recibía as visitas de escolares e outros, espontáneas ou non, para lles explicar o desenvolvemento da actividade que alí se realizaba, foi un dos motivos deste artigo. Ademais, a posíbel restauración do observatorio, acaba de ficar plasmada no TFG de Enxeñaría e Deseño Industrial levado a cabo pola filla dunha boa amiga, e aprobado cunha extraordinaria nota. Mais igualmente quere ser esta unha pequena homenaxe a meu pai, que tamén o era de Jorge Dacosta , de Lupe Dacosta, Marta Dacosta e Maite Da Costa López . No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 17 de marzo.

Con Vicente Risco por terras de Caldelas e Allariz

Espléndido roteiro seguindo os pasos de Vicente Risco por Castro Caldelas e Allariz. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 3 de marzo.

"Raro", de Alberte Momán

Alberte Momán Noval escribe "Raro" en Belagua Ediciones y Comunicación e déixanos, sen dúbida, con certo pouso de estrañeza tan logo terminamos de lelo. Relatos de diferente teor e extensión dos que falo no meu #termardoleme , do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 18 de febreiro.

"Ollos azuis", de Xulio Pardo de Neyra

  Xulio Pardo de Neyra sorpréndenos cunha poderosa narración, o relato dunha saga familiar a través de varias xeracións (máis de quiñentos anos), malditos por un fado que remite ao herdo dos ollos azuis. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol domingo 7 de xaneiro.

Oficios en extinción, xaboeira de toelo

  Unha vez máis quixen reflexionar sobre certos oficios doutrora. As minas de toelo tamén deron para este curioso traballo ao que se dedicou unha muller en exclusiva, ninguén máis. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 21 de xaneiro.